Información xeral

informacion_xeral_bpneiravilas

Información xeral

A biblioteca “Xosé Neira Vilas” é unha biblioteca pública, tanto pola titularidade, que é municipal, como polas persoas ás que se dirixe: ao conxunto da cidadanía sen ningún tipo de distinción de idade, raza, sexo, relixión, condición ou opinión.

A parte de prestar os servizos tradicionais dunha biblioteca, pon énfase no desenvolvemento de servizos e recursos adaptados ás necesidades culturais e informativas específicas do seu contorno establecendo vínculos de cooperación coas organizacións cidadás da súa área de influencia.

A súa misión é a de ser un centro territorial de comunicación, información e promoción lectora; un espazo referente para a zona, no que a veciñanza acude para xerar demandas, satisfacer as súas necesidades ou simplemente un lugar de encontro, integrador das distintas sensibilidades sociais e vitais que coexisten e conviven ao seu redor.

Dirección

Datos Biblioteca:

Avenida Martínez Garrido, 21. 36205 Vigo 

Localización Google Maps

Teléfono:

986 267 759

Enderezo electrónico:

bpneiravilas@vigo.org

Horario

Horario (do 16 de setembro ao 14 de xuño)
Luns: de 17.00 a 20.30 h. De martes a venres: de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 h. Sábados: de 10.30 a 14.00 h.

Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro)
Luns: de 18.00 a 20.30 h. De martes a venres: de 10.30 a 14.00 e de 18.00 a 20.30 h. Sábados: de 10.30 a 14.00 h.

Calendario 2017

A biblioteca permanecerá pechada todos os domingos, festivos, e os seguintes días:
23 de decembro de 2017
30 de decembro de 2017