Servizos

Servizos

Préstamo

Para poder levar libros, revistas, CD, DVD, etc. en préstamo así como
para acceder a internet, é necesaria a inscrición previa como socio/a
da biblioteca municipal, onde se entregará un carné acreditativo.

Préstamo especial

ofrece ás persoas usuarias maiores de 80 anos, ás persoas usuarias con discapacidade ou ás persoas que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada un servizo personalizado.

Préstamo a domicilio

ofrece ás persoas usuarias con discapacidade ou ás persoas que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.

Catálogo informatizado

No catálogo xeral pódense consultar as referencias bibliográficas de todos os documentos conservados na Biblioteca: libros, prensa, audiovisuais e rexistros sonoros.

Libro electrónico Ebook

eBookVigo é a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a disposición dos cidadáns para facilitar o acceso á lectura en soporte electrónico.

Referencia e información

proporcionarase asesoramento bibliotecario, orientación na busca de fondos e/ou na busca de información, orientación lectora, etc..

Acceso internet

Este servizo ten como finalidade o acceso da cidadanía á información, á formación, á cultura e ao ocio a través das novas tecnoloxías. Equipos informáticos públicos e Wifi.

Acceso multimedia

Este servizo ten como finalidade o acceso da cidadanía á cultura e ao ocio a través das novas tecnoloxías.

Actividades

proporcionarase asesoramento bibliotecario, orientación na busca de fondos e/ou na busca de información, orientación lectora, etc..

Servizos en liña

posibilidade de acceder a determinados servizos, tales como: Consulta do fondo, renovación de préstamos, propostas de adquisicións, historial de lecturas, listas privadas e públicas

Servizo de reprografía

ofrece o Servizo de reprografía (fotocopias e impresión de documentos), estando o servizo suxeito á lexislación española en materia de propiedade intelectual.

Servizo de autopréstamo

ofrece o servizo de autopréstamo. As persoas usuarias poderán emprestar e devolver os seus libros e Cds de música de forma independente e sen ter que pasar polo mostrador.