Acceso Internet – Wifi

Acceso Internet – Wifi

Este servizo ten como  finalidade o acceso da cidadanía á información, á formación, á cultura e ao ocio a través das novas tecnoloxías.

Equipos informáticos públicos

A Biblioteca dispón de 10 postos para uso público.

  • O uso dos ordenadores é gratuíto, e o horario de prestación do servizo é o mesmo que o da biblioteca.
  • Os ordenadores de uso público para o servizo de internet só se poderán utilizar durante unha hora diaria como máximo.
  • Para solicitar o servizo cómpre presentar o carné de socio/a da biblioteca no mostrador da entrada, aínda que os ordenadores non estean ocupados.
  • Estes servizos poderán ser utilizados por persoas maiores de 16 anos. As persoas menores desta idade terán que contar coa autorización do pai/nai/titor/a. As persoas menores de 9 anos deberán estar sempre acompañadas dunha persoa maior responsable.
  • Pódese reservar un posto de forma presencial, por teléfono ou por correo electrónico, para o mesmo día ou para o día seguinte. As sesións reservadas comezan e rematan ás horas en punto. Cando se entre fóra de hora débese saír na seguinte hora en punto.
  • Cada terminal será utilizado por unha única persoa. Non se poderá cambiar de equipo sen a autorización do persoal da biblioteca. O abandono dun terminal comportará a perda do uso do mesmo.
  • O acceso aos postos está supeditado á celebración de calquera outra actividade.
  • A persoa usuaria respectará a legalidade en materia de propiedade intelectual e fará un uso adecuado do servizo.
  • Os contidos accesibles a través de internet mudan constantemente, polo que a biblioteca non pode supervisar os mesmos. Serán as persoas usuarias as que avalíen a pertinencia da información, informando no seu caso ao persoal da biblioteca.
  • O persoal responsable da biblioteca poderá restrinxir o acceso ao servizo de internet que considere inoportuno e/ou inadecuado.
  • Está expresamente prohibido calquera acto de adulteración dos programas ou configuracións informáticas, así como maltratar os ordenadores, ou realizar algún cambio no seu funcionamento. O persoal responsable da biblioteca resérvase o dereito a finalizar en calquera momento a sesión, cando considere que non se está facendo un uso axeitado dos equipos.
  • Se o posto non funciona adecuadamente, informarase ao persoal do centro.
  • A biblioteca non será responsable de problemas técnicos como a saturación da rede, a caída dos servidores, cortes de luz, etc.
  • As persoas usuarias non accederán a redes, Intranet ou ficheiros de carácter interno da biblioteca.

Wifi

Se ten un ordenador portátil ou outro dispositivo con conexión wifi, poderá conectarse a Internet sen fíos dende a Biblioteca Xosé Neira Vilas.

Só ten que buscar e seleccionar a nosa rede dispoñible:

“Invitados”

Con esta conexión poderá navegar por Internet. É necesario un usuario e contrasinal para acceder á zona wifi da Biblioteca. O contrasinal renóvase regularmente e pode consultarse no punto de información e préstamo.

Ao conectar o seu ordenador a calquera rede debe ter en conta o seguinte:

Se ten activado algún modo de compartir carpetas, debe desactivalo para evitar que outras persoas usuarias poidan acceder a elas.

É aconsellable manter actualizado un antivirus e activado un cortafogos.