Ofrécese

servizos_bpnieravilas

Ofrécese

>descarga guía de servizos

Instalacións: espazos infantil, xuvenil e adulto.

 

A biblioteca conta cun total de 82 postos: 52 postos de lectura, entre as seccións de adultos, infantil e prensa; 10 postos de audiovisual, 2 postos de consulta do catálogo, 10 ordenadores de uso libre e Wifi (dispón dunha zona exclusiva con conexión para 8 portátiles).

>Ler máis

Préstamo

Para poder levar libros, revistas, CD, DVD, etc. en préstamo así como
para acceder a internet, é necesaria a inscrición previa como socio/a
da biblioteca municipal, onde se entregará un carné acreditativo.

>Ler máis

Préstamo especial

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ofrece ás persoas usuarias maiores de 80 anos, ás persoas usuarias con discapacidade ou ás persoas que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada de forma temporal ou permanente, un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.

>Ler máis

Préstamo a domicilio

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ofrece ás persoas usuarias con discapacidade ou ás persoas que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada de forma temporal ou permanente que non poidan acudir a biblioteca e que non poidan contar con outra persoa para realizar o “Servizo de Préstamo Especial” un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.

>Ler máis

Catálogo informatizado – OPAC

No catálogo xeral pódense consultar as referencias bibliográficas de todos os documentos conservados na Biblioteca: libros, prensa, audiovisuais e rexistros sonoros.

>Ler máis

Libro electrónico EbookVigo

eBookVigo é a plataforma tecnolóxica que o Concello de Vigo pon a
disposición da cidadanía para facilitar o acceso á lectura en soporte
electrónico.

>Ler máis

Referencia e información

A biblioteca facilitará ás persoas usuarias toda a información sobre o funcionamento e organización da mesma, así como dos seus servizos e recursos, requisitos para facerse socio, programa de actividades, ou calquera outra información relacionada coa biblioteca. De igual forma, proporcionarase asesoramento bibliotecario, orientación na busca de fondos e/ou na busca de información, orientación lectora, etc.

>Ler máis

Acceso Internet – wifi

Este servizo ten como finalidade o acceso da cidadanía á información, á formación, á cultura e ao ocio a través das novas tecnoloxías. Equipos informáticos públicos e Wifi.

>Ler máis

Acceso Multimedia

Este servizo ten como finalidade o acceso da cidadanía á cultura e
ao ocio a través das novas tecnoloxías.

>Ler máis

Actividades de promoción da lectura e formación de persoas usuarias.

Durante todo o ano a Biblioteca Xosé Neira Vilas organiza un programa de actividades para o fomento á lectura, que poden gozar tanto o público infantil, xuvenil e adulto.

>Ler máis

Servizos en liña: consulta do fondo, prórroga e reserva, desideratas e suxestións

O Sistema koha é o utilizado para a xestión da Biblioteca Xosé Neira Vilas. Ofrece ás persoas usuarias rexistradas a posibilidade de acceder a determinados servizos, tales como: Consulta do fondo, renovación de préstamos, propostas de adquisicións, historial de lecturas, listas privadas e públicas

>Ler máis

Servizo de reprografía

A Biblioteca Xosé Neira Vilas ofrece o Servizo de reprografía (fotocopias e impresión de documentos), estando o servizo suxeito á lexislación española en materia de propiedade intelectual.

>Ler máis

Servizo de autopréstamo

Autopréstamo biblioteca Xosé Neira Vilas

A Biblioteca Xosé Neira Vilas ofrece o servizo de autopréstamo. As persoas usuarias poderán emprestar e devolver os seus libros e Cds de música de forma independente e sen ter que pasar polo mostrador.

>Ler máis