Préstamo

Préstamo

Para poder levar libros, revistas, CD, DVD, etc. en préstamo así como para acceder a internet, é necesaria a inscrición previa como socio/a da biblioteca municipal, onde se entregará un carné acreditativo.

Os datos persoais achegados son confidenciais e están protexidos polas normas legais correspondentes.

Non esqueza que é imprescindible a presentación do carné da biblioteca para a realización de préstamos e para o acceso aos ordenadores.

É susceptible de préstamo toda a colección bibliográfica e audiovisual, excepto:

  • As obras de consulta.
  • O número vixente das revistas.
  • Os xornais.

Número de préstamos

Persoas físicas:

Préstamo usuario biblioteca Xosé Neira Vilas

Entidades:

Préstamo entidade biblioteca Xosé Neira Vilas

Renovación de documentos

  • Poderase realizar transcorridos 5 días dende a formalización do préstamo ata o día da súa caducidade.
  • A prórroga se pode facer presencialmente, por teléfono, e-mail ou a través do catálogo en liña.
  • Non se permite a renovación de documentos reservados.

 

Reserva de libros

Reserva documentos biblioteca Xosé Neira Vilas

  • Cando o exemplar estea dispoñible, avisarase por telefóno ou e-mail, e poderase recoller na bi­blio­teca. Lembre que só se gardará durante 3 días.

 

E se non se cumpren os prazos?

A demora na devolución dos libros leva consigo a suspensión temporal dos servizos ofrecidos pola biblioteca, proporcional á demora e ao número de préstamos.
Ler máis
 

Devolución 24 h

Contamos cunha caixa de devolución para se poidan facer as entregas, aínda se a biblioteca está pechada.

>descarga guía de servizos