Ciclo de cine: Xosé Neira Vilas – O espantallo amigo

Ciclo de cine de verbas a fotogramas Xosé Neira Vilas  O espantallo amigo Biblioteca Neira Vilas Vigo

Ciclo de cine: Xosé Neira Vilas – O espantallo amigo

ACTIVIDADE PÚBLICO ADULTO

Cine

Mercóres, 24 de xaneiro

Hora: 19.00 h

Público adulto

Aforo limitado

XOSÉ NEIRA VILAS abre as portas da súa casa e da súa memoria para amosarnos, nunha entrevista, un percorrido polas súas andaduras vitáis e literarias. Ao mesmo tempo transcorre en paralelo a animación do seu conto O Espantallo Amigo. Realidade e ficción terminan por mesturarse, escenificando unha fermosa apoloxía á xenerosidade, á amizade e ao poder expansivo da lingua galega.
Para recrear o conto de O Espantallo Amigo foi necesario realizar un esforzo a nivel de animación e integración 3D en contornas reais. Nada que non poida solucionar a ilusión que transmitiu o gran Neira Vilas, un home inmenso, xeneroso, apaixonado, cun inabarcable saber e unhas ganas inesgotables de ser útil aos seus 87 anos.