Ciclo de cine: vento ferido

Vento ferido ciclo de cine Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Ciclo de cine: Vento ferido

ACTIVIDADE PÚBLICO ADULTO

Cine

Martes, 21 de febreiro

Hora: 19.30 h

Público adulto

Aforo limitado

Mostrar as diferentes formulas de audiovisual que se realizan en Galicia, o filme, a webserie, o documental, a ficción ou realidade todo en torno á literatura e as verbas. E poder achegarnos aos seus protagonistas.

Webserie dirixida por Miguel Grandío na que fai unha adaptación da obra de Carlos Casares do mesmo nome, unha historia única capaz de recoller o estilo e o ton empregados polo autor .
O proceso de creación da trama principal así coma dos personaxes, fíxose partindo da base dos que xa creara Casares. Deste xeito poderíase dicir que os relatos que máis influíron neste desenvolvemento foron: “O xogo da guerra” e “Agarda longa ao sol” dous referentes importantes xa que deles xorden figuras sen as que a serie non podería existir, como son o Rata e Milo. Destes títulos extráense situacións e temáticas tales coma a soidade, a violencia ou a propia idea do suicidio. A infancia é tamén un tema recorrente nesta obra (“O xogo da guerra”, “O outro verán”, “A rapaza do circo”, “Vou quedar cego”), feito relevante que se amosa nesta adaptación a través do pasado común dos protagonistas e o impacto que esta tivo na súa situación e relacións actuais.