Cita a cegas

Cita a cegas

Cita a cegas

Durante os meses de verán a Biblioteca ofrece a quen o desexe unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser o seu gran amor literario. As persoas usuarias terán á súa disposición unha serie de paquetes pechados que poderán levar a casa emprestados, sen saber o que están levando ata que ao abrilo desvelen o seu segredo, atopándose co que pode chegar a ser un gran descubrimento, unha decepción ou un gran amor.

Do 01 de xullo ao 30 de setembro

Horario de apertura da biblioteca

Para: Persoas usuarias da biblioteca.