Día de las escritoras

Día das escritoras: libres, rebeldes e transgresoras: Biblioteca Neira Vilas

Día de las escritoras: Libres, rebeldes e transgresoras

ACTIVIDADE PÚBLICO INFANTIL

Promoción da lectura

Luns, 15 de outubro

Hora: apertura da biblioteca

Público xeral

O día 15 de outubro celébrase o “Día de las Escritoras” a Biblioteca Neira Vilas foi convidada pola Biblioteca Nacional a unirse ás diferentes celebracións que realizanse para homenaxear a todas as escritoras. Este ano baixo o lema “rebeldes e transgresoras ” propóñennos unha selección de autoras e obras que logra unha nova e inédita conexión que nos conduce a unha vida máis participativa.

Para celebralo, o día 15 toda aquela persoa usuaria que leve prestado algún libro escrito por algunha muller será obsequiado cunhas flores que levarán unha etiqueta co logo e o lema deste ano , así como cunha frase dalgunha autora. Durante o resto da semana realizaremos unha exposición con libros de diferentes escritoras que estarán dispoñibles para consulta e préstamo. Haberá un “Photocall” con diferentes materiais para que a xente que queira fágase fotos, vídeos lendo… e logo subilo ás súas redes sociais.