Ciclo de cine: Isaac Díaz Pardo- ISAAC

Ciclo de cine de verbas a fotogramas Biblioteca Xosé Neira Vilas Vigo

Ciclo de cine: Isaac Díaz Pardo- ISAAC

ACTIVIDADE PÚBLICO ADULTO

Cine

Mércores, 17 de xaneiro

Hora: 19.00 h

Público adulto

Aforo limitado

O Documental dirixido por Xosé Abad “ISAAC” sobre a figura de Isaac Díaz Pardo, .
Coproducido por EAF Produccións e CRTVG, e coa colaboración da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e da Consellería de Cultura e Deporte:
“ISAAC” e un documental de 55 minutos sobre Isaac Díaz Pardo, o fundador, promotor e primeiro traballador do Laboratorio de Formas, de Cerámicas do Castro, de Sargadelos, de Edicións do Castro e do Instituto Galego da Información.
Baixo a dirección de Xosé Abad e con guión de Carlos Vázquez, realizouse este documental que, sen renunciar a elementos biográficos, pretende amosar sen artificios, o pensamento, a opinión e os sentimentos de Isaac Díaz Pardo sobre o seu tempo, o seu mundo e o seu país. Economía, Emigración-Inmigración, a guerra do Irak ou lembranzas da República e da Guerra Civil son temas sometidos no documental á súa disección lúcida. Aos seus 87 anos, cunha saúde intelectual envexable, Isaac é quen de ofrecernos a súa opinión sempre comprometida e excepcionalmente libre e libertaria.
Isto quere contarse con ritmo vivo, sentido do humor e a clarividencia que lle son propias a perxonaxe galega máis relevante e fértil de todo o século vinte e parte do vinteún.
En definitiva “ISAAC” ven sendo Isaac.

Filme, dirixido por Ignacio Vilar, transposición filmíca da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán “Morris” como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde transcorre a noite de troula dos tres personaxes principais.