Normas de inscrición nas actividades

normas de inscrición nas actividades biblioteca neira vilas

Normas inscrición

 

 

    • A inscrición das actividades comeza na hora e no día indicado no programa de actividades.

 

    • Se a inscrición comeza un luns, o prazo de inscrición comezará ás 17.00 h; que é a hora de apertura da biblioteca para este día da semana.

 

    • A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, a través do teléfono 986267759, ou ben mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seguintes datos da persoa participante: nome e apelidos, idade, nome e apelidos da persoa acompañante, teléfono de contacto e correo electrónico.

 

    • As solicitudes (tanto presenciais, como telefónicas ou por correo electrónico) que se realicen con anterioridade ao inicio do prazo de inscrición non serán tidas en conta.

 

    • As prazas cóbrense por orden de chegada, atendendo ao mesmo tempo ao correo electrónico, ao teléfono e ás inscricións presenciais.

 

    • As solicitudes de inscrición enviadas por correo electrónico que non conteñan todos os datos solicitados non serán tidas en conta.

 

    • As persoas inscritas deben ter a idade indicada para cada actividade.

 

    • Cada solicitante poderá realizar unha única inscrición por actividade e soamente por unha das vías (telefónica, mail ou presencial).

 

    • Cada solicitante poderá inscribir a unha única persoa, coa excepción dos irmáns, que poderán inscribirse conxuntamente.

 

    • Nas actividades destinadas para público infantil permitirase un máximo de dúas persoas acompañantes adultas por neno/a.

 

    • No transcurso das actividades o persoal da biblioteca realizará fotografías, para a súa divulgación e difusión. Se non desexas participar na reportaxe, cominícao o comezo da actividade.

 

  • Estas normas poden ser revisadas e actualizadas pola biblioteca coa finalidade de mellorar o funcionamento das actividades.

 

 

Vigo, 16 de marzo de 2015