Obradoiro de escritura creativa – “Escribir e rañar, todo é empezar”

Escritura creativa - escribir e dañar, todo é empezar - Biblioteca Neira Vilas

Obradoiro de escritura creativa – “Escribir e rañar, todo é empezar”

ACTIVIDADE PÚBLICO INFANTIL

Obradoiro
Escritura creativa

Xabier Xil Xardón

 

Martes é xoves

7 e 9 de novembro

Horario: 18.00 a 20.00 h

Público infantil entre 8 e 12 anos

O Servizo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Xosé Neira Vilas ofrecen un obradoiro de escritura creativa dirixido polo escritor Xabier Xil Xardón e pensado para os escritores máis novos .
O texto está aí, aberto a dicirnos e a axudarnos a dicir o mundo. Por iso é importante tentar fixar desde a infancia o hábito da escrita literaria. Farémolo a través do xogo e de diferentes dinámicas de escrita creativa que lles permitan aos máis pequenos, dun xeito lúdico e ameno, acceder ao dominio das estratexias básicas da escrita.

Prazas: 15 prazas

Inscrición a partir do día 17 de outubro ás 10.30 h

Normas de inscrición da actividade

Normas de comportamento na actividade