Préstamo Especial

Préstamo especial

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ofrece ás persoas usuarias maiores de 80 anos, ás persoas usuarias con discapacidade ou ás persoas que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada de forma temporal ou permanente, un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.

Teñen dereito a estes servizos:

  • As persoas maiores de 80 anos.
  • As persoas usuarias cuxo grao de discapacidade sexa igual ou superior ao 33%.
  • As persoas usuarias que teñan a súa mobilidade e autonomía limitada de forma temporal ou permanente.

Para poder acceder a este servizo especial que a biblioteca ofrece é preciso estar inscrito/a como socio/a e cubrir un formulario de autorización de cesión do carné da biblioteca a outra persoa debidamente autorizada. Esta acreditación requirirase sempre polo persoal da biblioteca cando se queira acceder a dito servizo.

Ademais a biblioteca ofrece:

  • Unha atención personalizada ás consultas: toda a aquela persoa que o desexe pode dirixir as súas consultas á biblioteca de forma virtual (correo electrónico) ou por teléfono. Persoal bibliotecario especializado encargarase de localizar e dar a información que precise.
  • Localización, entrega de documentos. Se unha persoa usuaria non pode acceder ao local da biblioteca ou non pode buscar por si mesma o documento, o persoal da biblioteca entregarallo e facilitaralle o acceso. Así mesmo, o persoal da biblioteca realizará as buscas e consultas aos recursos pertinentes se a persoa usuaria non puidera acceder a eles.

Requisitos

  • Cubrir o formulario de solicitude de carné da biblioteca.
  • Cubrir o formulario de autorización de cesión de uso do carné de préstamo a outra persoa.
  • DNI (usuario/a e persoa autorizada)
  • Fotocopia de certificación de discapacidade superior ao 33% (se existe discapacidade)
  • Fotocopia do certificado médico.
  • Fotografía.

Número de préstamos

Poderanse levar en préstamo todos os materiais que se emprestan na biblioteca (libros, revistas, material audiovisual)

Ata 3 documentos, dos cales 1 poderá ser audiovisual.

Duración do préstamo

30 días para libros e 30 días para os audiovisuais.

E se non se remata o libro?

  • O préstamo de libros poderase renovar por outros 15 días, a non ser que outro/a lector/a fixese reserva do exemplar.
  • A prórrogase pode facer por teléfono, e-mail (indicando sempre o número de asociado/a), a través do catálogo en liña ou de forma presencial por parte da persoa autorizada.
  • As prórrogas non se aplican a materiais audiovisuais nin a  revistas.

Reserva de libros

  • Na biblioteca pódense reservar ata dous libros, cando estes estean prestados a outro/a lector/a no momento da reserva.
  • A prórrogase pode facer por teléfono, e-mail (indicando sempre o número de asociado/a), a través do catálogo en liña ou de forma presencial por parte da persoa autorizada.
  • Cando o libro estea dispoñible, avisarase por telefóno ou e-mail, e poderase recoller na biblioteca. Lembre que só se gardará durante 2 días.

E se non se cumpren os prazos?

  • As persoa beneficiarias do “Servizo Especial de Préstamo” tamén deben cumprir as normas de funcionamento da Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e de non ser así seralles de aplicación o establecido no “Procedemento de sancións e faltas”.
  • A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas pode dar de baixa do Servizo de Préstamo Especial a unha persoa usuaria deste servizo se non cumpre as normas.
  • A demora na devolución dos libros leva consigo a suspensión temporal do préstamo, proporcional á demora e ao número de préstamos.

Devolución 24 h

Contamos cunha caixa de devolución para se poidan facer as entregas, aínda se a biblioteca está pechada.

>descarga solicitude préstamo especial