Protección de datos

A Biblioteca Xosé Neira Vilas desexa poñer en coñecemento das persoas usuarias, e contactos da súa páxina web, a política levada a cabo respecto ao tratamento e protección dos datos de carácter persoal daquelas persoas que voluntariamente utilizan os formularios de xestións en liña ou enderezos electrónicos para ampliar calquera dos servizos ofrecidos na web, que impliquen a comunicación dos seus datos persoais.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal suxeitarase ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, así como ás súas normativas de desenvolvemento e demais normativas de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaránse co consentimento da persoa usuaria, quen ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que os mesmos sexan exactos e que se utilicen para o fin que se recollen, coas excepcións contempladas na lexislación vixente.

A Sede Electrónica da Biblioteca Xosé Neira comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo con respecto aos datos de carácter persoal que poidan ser solicitados a través dos servizos desta sede, e ao deber de tratalos con confidencialidade. A estes efectos, adoptaranse as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

A recollida e tratamento automatizado de datos de carácter persoal ten como única finalidade a prestación dos servizos solicitados. Non se utilizarán para ningunha outra finalidade nin serán cedidos a terceiros sen o seu consentimento, salvo nos casos e coas condicións previstas na Lei Orgánica 15/1999.

A comunicación de datos persoais polo usuario a través da súa páxina web unicamente pode entenderse que terá lugar cando estes voluntariamente utilicen o servizo de formularios ofrecidos pola Biblioteca, ou nos enderezos electrónicos, dado que nestes casos o tratamento dos datos é inevitable e implícito ao sistema de contacto.

A Biblioteca Xosé Neira Vilas advirte á persoa usuaria de que, salvo a existencia dunha representación legalmente constituída, ningunha persoa pode utilizar a identidade doutra persoa e comunicar os seus datos persoais, polo que a persoa usuaria en todo momento deberá ter en conta que só pode incluír datos persoais correspondentes á súa propia identidade e que sexan adecuados, pertinentes e verdadeiros. Para tales efectos, a persoa usuaria será a única responsable fronte a calquera dano, directo e/ou indirecto que cause a terceiros ou á Biblioteca, polo uso de datos persoais doutra persoa, ou os seus propios datos persoais cando sexan falsos, erróneos, non actuais, inadecuados ou impertinentes. Igualmente a persoa usuaria que utilice os datos persoais dun terceiro, responderá ante este da obriga de información establecida no artigo 5.4 da LOPD para cando os datos de carácter persoal non sexan solicitados do propio interesado, e/ou das consecuencias de non o ter informado.

A Biblioteca Xosé Neira Vilas informa á persoa usuaria da posibilidade de exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante solicitude escrita dirixida á Biblioteca na seguinte dirección: Avda. Martínez Garrido nº21, 36205 Vigo ou no seguinte enderezo electrónico: bpneiravilas@vigo.org

A Biblioteca Xosé Neira Vilas inclúe varias lendas nos formularios de recollida de datos, onde se indican todas as condicións para o tratamento dos datos de carácter persoal de acordo co artigo 5 da LOPD, tales como o carácter obrigatorio ou facultativo da resposta ás preguntas que lles sexan formuladas, as consecuencias da obtención dos datos ou da negativa a subministralos, as finalidades da recollida, e o consentimento para os tratamentos de datos de carácter persoal que se realice.

A páxina web da Biblioteca Xosé Neira Vilas mantén os niveis de protección dos seus datos persoais conforme ao previsto no Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos que facilite á Sede Electrónica da Biblioteca