Recomendocheunlibro

Recoméndoche un libro II Concurso o Ollo de vidrio

https://www.youtube.com/channel/UC553sVDpybbgozBxOtglVqA

II CONCURSO O OLLO DE VIDRO

As entidades colaboradoras no proxecto “Recoméndoche un libro” convocan o II concurso “O ollo de vidro” para premiar os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto.

mais información

REQUISITOS PREVIOS

 

  • Cumprimentar o “Documento de aceptación das bases”.
  • Entregar o “Documento de aceptación das bases” completo e asinado cunha copia do DNI no correo electrónico recomendocheunlibro@gmail.com ou de forma presencial na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo.
  • Os proxectos poden tratar sobre calquera libro, tema, idioma e/ou soporte sempre que sexa unha copia legal.
  • Poden realizarse críticas literarias, booktrailers ou calquera tipo de proxecto audiovisual dirixido á animación lectora.
  • Ten que estar feito en galego.
  • O tratamento da crítica ten que ser sempre en positivo.
  • O vídeo ten que protexer a trama do libro, non pode desvelar nada relevante da historia.
  • O tratamento e a linguaxe debe ser respectuoso, non debe ser groseiro e debe ser adecuado a todos os públicos.
  • A gravación non pode durar máis de 3 minutos.
  • Tanto a imaxe como o son deben ter os niveis adecuados para poderen ser reproducidos.
  • O formato debe ser adecuado para poder transmitirse por esta canle.
  • Todos os vídeos aparecerán etiquetados cos seguintes datos:
  • Nome do autor/es
  • Título do libro
  • Autor do libro
  • Edición
AS ENTIDADES ORGANIZADORAS

 

  • RESÉRVANSE O DEREITO A NON PUBLICAR OU A ELIMINAR AQUELES VÍDEOS QUE CONSIDEREN NON AXEITADOS.
  • NON SE FAN RESPONSABLES NIN DO CONTIDO DOS VÍDEOS NIN DOS COMENTARIOS REALIZADOS POLOS USUARIOS NA CANLE.
  • PODEN ELIMINAR OU NON MOSTRAR AQUELES COMENTARIOS REALIZADOS POLOS USUARIOS DA CANLE QUE NON SE CONSIDEREN AXEITADOS.

BASES DO CONCURSO “O OLLO DE VIDRO”

 

Participantes

  • Poden participar neste concurso todos aqueles vídeos presentados na convocatoria de 2017.

 

Modalidades

Haberá dúas modalidades:

  • A. Premio do xurado.

O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor.

  • B. Premio do público.

Resultará gañador o vídeo que obteña máis “gústame” dende o día da súa publicación ata o día e hora en que se pecha o prazo (20 de maio ás 24:00h de Galicia).

Datas

Estas datas poden sufrir modificacións ao criterio da organización do concurso.

  • O prazo de envío de orixinais ábrese na data en que se publique esta convocatoria.
  • O prazo de envío péchase o 12 de maio de 2017 ás 24:00h de Galicia.
  • O prazo de votación comeza na data en que se publique esta convocatoria.
  • O prazo de votación remata o 20 de maio de 2017 ás 24:00h de Galicia.
  • O ditame do concurso farase público o 25 de maio de 2017.

 

Premios

  • A. Premio do xurado.

    300 euros

  • B. Premio do público.

    200 euros

Resultado e ditama

  • O resultado da modalidade A e mais o ditame da modalidade B do concurso faranse públicos o día 25 de maio de 2017 nas páxinas web das tres entidades convocadoras. O ditame será inapelable.

 

Xurado

  • O xurado estará formado por persoas escollidas polas entidades colaboradoras (Escola Oficial de Idiomas, IES Castelao e Biblioteca Xosé Neira Vilas) e a súa composición farase pública xunto co ditame.

 

Imprevistos

 

  • A organización do concurso resérvase o dereito de modificar, ampliar, reducir, suspender ou cancelar o concurso sen previo aviso por calquera razón non imputable á organización, especialmente por causa de forza maior. A organización do concurso resérvase o dereito de anular e/ou cancelar a totalidade ou parte do concurso en caso de detectar fraude ou mal funcionamento das normas. Neste caso, resérvase o dereito a non dar un premio a calquera participante fraudulento. Unha acción fraudulenta descualifica inmediatamente á persoa que a cometeu.

 

 

  • O Comité organizador decidirá sobre os casos imprevistos que se poidan presentar e que non se recolleran nestas bases. Para maior información dirixirse a recomendocheunlibro@gmail.com

Aceptación das bases

  • Os participantes neste concurso deberán aceptar estas bases cumprimentando e asinando o “Documento de aceptación de bases”.

Descargar Cartel
Descargar tríptico

Descargar documentación