Servizos persoas usuarias

servizos_persoas_usuarias_bpneiravilas

Servizos para persoas usuarias

O Sistema koha é o utilizado para a xestión da Biblioteca Xosé Neira Vilas. Ofrece ás persoas usuarias rexistradas a posibilidade de acceder a determinados servizos, tales como:

  • Consulta do fondo
  • Renovación de préstamos
  • Propostas de adquisicións
  • Historial de lecturas
  • Listas privadas e públicas

Identificarse como usuario é sinxelo e rápido:

Introduza o seu nome de usuario e contrasinal, se non dispón desta información, pódea solicitar na biblioteca presentado o seu DNI e carné da biblioteca.

Renovación de préstamos:

Os distintos materiais da biblioteca pódense renovar unha soa vez por un prazo igual ao que se prestan a primeira vez. A renovación poderase realizar transcorridos 5 días dende a formalización do préstamo ata o día da súa caducidade.

Proposta de adquisición de fondos:

Se un determinado documento non aparece entre os fondos da Biblioteca, as persoas usuarias que o desexen poden facer uso deste servizo de solicitudes de adquisición, suxerindo a compra daquilo que sexa do seu interese.

Avaliada a solicitude polo servizo de adquisicións, tramitarase e, nun breve período de tempo, recibirá unha resposta á súa petición.

Lembre que a biblioteca non se compromete a adquirir todas as obras solicitadas.

Acceso á súa conta