Solicitude carné

solicitud_carne

Solicitude de carné

persoa física

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas é un servizo público do Concello de Vigo que presta os seus servizos na Avenida Martínez Garrido, nº 21, na cidade de Vigo.

Utilización da Biblioteca:

O uso da biblioteca é libre e aberto a toda a cidadanía. A lectura en sala non precisa de ningún  requisito. Non obstante, o uso de ordenadores, a consulta de audiovisuais ou o servizo de préstamo requiren un carné de socio/a.

Para asociarse é necesario:

          • Cubrir a ficha de inscrición cos datos persoais. As persoas menores de 14 anos ademais deberán contar coa autorización paterna ou materna ou do titor/a.
          • DNI. As persoas menores de 14 anos, deberán aportar DNI do seu pai, nai ou titor/a.
          • Unha foto que faremos na biblioteca.

En dous dias da entrega de documentación, poderá recoller o carné na propia biblioteca.

>Envío solicitude de carné                >descarga formulario

Institucional

A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas ofrece ás diferentes Entidades o “Servizo de Préstamo Especial a Entidades” un servizo personalizado ao fin de facilitar o acceso aos recursos dos que dispón.

Teñen dereito a estes servizos:

          • Hospitais
          • Centros de saúde
          • Centros educativos
          • Centros culturais
          • Colectivos
          • Centros de 3º idade
          • Entidades públicas e privadas

O Servizo de Préstamo a Entidades  está delimitado á área do Concello de Vigo.

Para asociarse é necesario:

          • Cubrir o formulario de solicitude de carné da biblioteca
          • Enviar unha carta solicitando o carné da biblioteca con selo da entidade
          • DNI da persoa responsable
          • CIF da entidade (En caso de existir)

En dous días tras a  entrega da documentación, poderá recoller o carné na propia biblioteca.

>Envío solicitude de carné                      >descarga formulario