Moitas grandes mulleres da historia foron calificadas de estrafalarias só por non seguir as normas establecidas: Rosalía de Castro, Frida Kahlo, Gloria Fuertes… Así, “estrafalarias” son tamén as protagonistas dos contos cos que nos deleitou Xarope Tulú;...
Cris de Caldas, unha das nosas contadoras habituais na sesións de contos infantís, hoxe estreouse no Ciclo Contos Dakí, e que mellor forma de facelo que tecendo un fío entre os contos da súa avoa Carmela e Dona Emilia. Cris relacionou os contos coas cereixas, sempre...
Pincelada a pincelada fomos descubrindo xunto as fermosas verbas de Olalla os contos que agochaban Marc e Olalla dentro da súa maleta Contos de ratiños que imaxinou Arnold Lobel e que marcharon de viaxe guiados polos catro ventos, ou historias de Piratas de pata de...
Contos de enxeño Paula Carballeira levounos de viaxe por media Europa coñecendo coas súas palabras e os seus contos a habilidade e a pericia dalgúns para escapar do perigo ou para conseguir o que desexan. Comezamos a viaxe en Armenia cun conto tradicional explicando...
Cosendo, tecendo e bordando pasan as horas a avoa, a nai e a tía… mentres, a nena enreda ao seu redor, escoitando as historias e cantigas que contan e cantan para facer máis levadeiro o labor.Vestidos que teñen moitas vidas, gatiños rebuldeiros ou príncipes arrogantes...
Aproveitando a chegada do tren a Ourense e o Primark a Vigo, os contos de hoxe tiveron un fío condutor ferroviario. O traxecto Vigo – Monforte deu para moito; aínda que non é nada se o comparamos co Xangai Express a Barcelona. Vigo, Redondela, O...