Cris de Caldas, unha das nosas contadoras habituais na sesións de contos infantís, hoxe estreouse no Ciclo Contos Dakí, e que mellor forma de facelo que tecendo un fío entre os contos da súa avoa Carmela e Dona Emilia. Cris relacionou os contos coas cereixas, sempre...
Contos de enxeño Paula Carballeira levounos de viaxe por media Europa coñecendo coas súas palabras e os seus contos a habilidade e a pericia dalgúns para escapar do perigo ou para conseguir o que desexan. Comezamos a viaxe en Armenia cun conto tradicional explicando...
Aproveitando a chegada do tren a Ourense e o Primark a Vigo, os contos de hoxe tiveron un fío condutor ferroviario. O traxecto Vigo – Monforte deu para moito; aínda que non é nada se o comparamos co Xangai Express a Barcelona. Vigo, Redondela, O...
Na biblioteca volvemos a gozar cunha nova sesión de Contos Dakí, desta vez da man de Celso Sanmartín. A velada foinos levando dun tema a outro, dende os métodos da logopedia tradicional como eran os trabalinguas (repitan: debaixo dunha pipa tinta hai unha pita pinta;...
“CONTOS DA TORRE, DO FOCO E DE ROMARIZ” Ángeles Goás regresou a Contos Dakí para agasallarnos cos contos de Provecende, de Quende, de Villarente… contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto. Contos que lle contaron, como a...
Inauguramos a nova tempada de Contos Dakí con Quico Cadaval, que nos contó historias de defuntos ambientadas, como é habitual, na comarca do Barbanza. Foi unha sesión moi biográfica na que coñecemos a gran parte da familia de Quico, mesmo descubrimos a primeira muller...