BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas - ECPv6.17.0//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://bibliotecaneiravilas.vigo.org
X-WR-CALDESC:Events for Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:UTC
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0000
TZOFFSETTO:+0000
TZNAME:UTC
DTSTART:20190101T000000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=UTC:20201211T180000
DTEND;TZID=UTC:20201211T190000
DTSTAMP:20260502T085545Z
CREATED:20260502T085545Z
LAST-MODIFIED:20260502T085545Z
UID:11962-1607709600-1607713200@bibliotecaneiravilas.vigo.org
SUMMARY:A hora dos contos: Raquel Queizás
DESCRIPTION:A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias\, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de decembro visítanos Raquel Queizás con Raposadas. Raposa é moi lista\, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira. Canta o galo\, sae o sol. A raposa feliz achégase á aldea cantaruxando unha melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas\, vai escoitar os contos da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar con carozos de millo\, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo e aprender con el traballos do campo. Xa se pon o sol\, a raposa ten que marchar e para despedirse dela todos póñense a danzar. Quen danzou por aquí? Colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra\, que alimentaron\, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos. Os contos de tradición oral seleccionados están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos. Moitos destes contos\, ademais de mostrarnos as características que definen a cada animal\, buscan describir e explicar unha forma de vida fomentando o respecto pola natureza. Axudan a coñecer a contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua\, os nosos contos\, as nosas adiviñas\, os nosos xogos e as nosas cancións. Prazas: Aforo limitado. Idade: A partir de 3 anos. Inscrición: A partir das 10.30 h do 1 de decembro Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 1 de decembro. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca\, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos\, idade\, enderezo\, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Normas das actividades: Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes -Uso obrigatorio de máscara -Uso do xel hidroalcohólico -Facer previa inscrición -Separación entre os grupos de 1\,5m -Aforo limitado As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións metereolóxicas son adversas estas actividades poden adiarse\, manténdose as inscricións.
URL:https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/event/a-hora-dos-contos-raquel-queizas-2/
LOCATION:Pontevedra
CATEGORIES:Contacontos Infantil
END:VEVENT
END:VCALENDAR