BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas - ECPv6.17.0//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-ORIGINAL-URL:https://bibliotecaneiravilas.vigo.org
X-WR-CALDESC:Events for Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:UTC
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0000
TZOFFSETTO:+0000
TZNAME:UTC
DTSTART:20230101T000000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=UTC:20240701T103000
DTEND;TZID=UTC:20240930T203000
DTSTAMP:20260502T104412Z
CREATED:20260502T104412Z
LAST-MODIFIED:20260502T104412Z
UID:12209-1719829800-1727728200@bibliotecaneiravilas.vigo.org
SUMMARY:Citas a cegas
DESCRIPTION:Ofrecemos unha CITA A CEGAS co que pode chegar a ser un gran amor literario. Haberá na biblioteca unha serie de paquetes pechados que se poden levar a casa emprestados\, sen saber o que hai dentro\, ata que ao abrilos se desvele o seu segredo\, atopando o que pode chegar a ser un gran descubrimento\, unha decepción ou un gran amor.
URL:https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/event/citas-a-cegas-4/
CATEGORIES:Cita a cegas
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=UTC:20240913T193000
DTEND;TZID=UTC:20240913T203000
DTSTAMP:20260502T102302Z
CREATED:20260502T102302Z
LAST-MODIFIED:20260502T102302Z
UID:12146-1726255800-1726259400@bibliotecaneiravilas.vigo.org
SUMMARY:Terrazas de verán: Encontro con Elba Pedrosa
DESCRIPTION:Aproveitamos as últimas tardiñas do verán para saír á rúa e realizar unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a literatura e a ciencia como protagonistas. Biografía Contaremos coa presenza da escritora Elba Pedrosa nun encontro informal cos seus lectores\, unha charla amigable onde os participantes poden falar e preguntar á escritora sobre o que rodea ao mundo literario. Pedrosa é Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como consultora e formadora en creatividade e oratoria para institucións públicas e privadas. Colaborou coa Fundación Botín a través do programa Educación Responsable\, como formadora de docentes en Creatividades. Ademais impartiu formación ao profesorado desde o CAFI (Centro autonómico de formación e innovación de Galicia). Colabora con distintos medios de comunicación. É tamén actriz\, bailarina\, presentadora de televisión e xornalista. Participou na Dirección Creativa de compañías de publicidade e comunicación durante máis de 15 anos. Prazas Aforo limitado.
URL:https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/event/terrazas-de-veran-encontro-con-elba-pedrosa/
CATEGORIES:Encontro con escritoras
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=UTC:20240917T103000
DTEND;TZID=UTC:20240917T203000
DTSTAMP:20260502T104427Z
CREATED:20260502T104427Z
LAST-MODIFIED:20260502T104427Z
UID:12214-1726569000-1726605000@bibliotecaneiravilas.vigo.org
SUMMARY:Club de lectura: Abre o prazo de inscrición
DESCRIPTION:O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne unha vez ao mes na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda dunha coordinadora. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais\, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións. Prazas Persoas socias do club Inscrición A partir do 17 de setembro A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca\, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos\, idade\, enderezo\, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
URL:https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/event/club-de-lectura-abre-o-prazo-de-inscricion/
CATEGORIES:Club de lectura
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=UTC:20240927T193000
DTEND;TZID=UTC:20240927T203000
DTSTAMP:20260502T104427Z
CREATED:20260502T104427Z
LAST-MODIFIED:20260502T104427Z
UID:12213-1727465400-1727469000@bibliotecaneiravilas.vigo.org
SUMMARY:Terrazas de verán: Encontro con Ana Larrañaga
DESCRIPTION:Este encontro esta dentro do programa G-Night\, A noite Galega das persoas investigadoras no que a Biblioteca Neira Vilas participa como colaboradora da Universidade de Vigo Na procura da potencia perdida: A España solar que non foi España\, o país coa maior cantidade de horas de sol na UE\, emerxeu nun momento dado como líder en potencia solar instalada e en innovación tecnolóxica no ámbito das enerxías renovables. Non obstante\, a pesar deste prometedor comezo\, anos despois España non logra ocupar os primeiros postos en potencia instalada per cápita. Esta situación suscita varias preguntas: ¿Que sucedeu para que España non consolidase a súa vantaxe inicial? ¿Como inflúe o marco regulatorio e o apoio institucional na evolución da enerxía solar? Nesta charla\, abordaremos estas cuestións\, explorando tanto os éxitos como os desafíos que enfrontou España neste campo. A través das perspectivas dunha residente local e dun emigrante que recentemente se estableceu en Alemaña\, ofreceremos unha análise sobre como diferentes países enfocan o aproveitamento da enerxía solar. Ana Larrañaga Graduada en Enxeñería da Enerxía pola Universidade de Vigo (2019)\, Mestrado Interuniversitario en Matemática Industrial (M2i) pola Universidade de Vigo\, Santiago\, A Coruña\, Politécnica de Madrid e Carlos III (2021)\, e actual investigadora predoutoral do Centro de Investigación en Tecnoloxías\, Enerxía e Procesos Industriais da mesma universidade ( CINTECX)\, onde centra a súa investigación científica nas áreas de Intelixencia Artificial e Dinámica de Fluídos Computacional (CFD). Inicia as súas tarefas de investigación na Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU) onde colaborou co grupo de investigación de refrixeración de CO2 en diversos estudos experimentais relacionados co desenvolvemento de unidades de almacenamento de enerxía térmica fría. Tras finalizar o grao\, comeza a traballar no Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE) da Universidade de Vigo\, participando en proxectos tanto de carácter experimental\, como de simulación numérica e procesado de grandes bases de datos. Actualmente enfoca as súas tarefas de investigación na aplicación de técnicas de Machine Learning para a mellora de cálculos de Dinámica de Fluídos Computacional (CFD)\, temática da súa tese doutoral no Programa Interuniversitario de Doutoramento en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade en Enxeñería e Arquitectura da Universidade de Vigo. Prazas Aforo limitado.
URL:https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/event/terrazas-de-veran-encontro-con-ana-larranaga/
CATEGORIES:Conferencia
END:VEVENT
END:VCALENDAR