A hora dos contos: Xarope Tulú. Estrafalaria Biblioteca Neira Vilas

Data/hora


Data(s) - 21/04/2023

Hora 18:00 - 19:00

A hora dos contos : Xarope Tulú. Roupa Tendida

Festexamos o Día do Libro na biblioteca cunha sesión especial da Hora dos contos.

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Nesta ocasión visítanos a compañía Xarope Tulú co seu espectáculo “Roupa tendida”, que combina a narración oral coa manipulación de obxectos. Nesta proposta tentamos achegar entre si dous mundos: a literatura de tradición oral e a literatura contemporánea, combinando ambos repertorios e procurando que dialoguen entre si. Contar hoxe os contos de onte permítenos reflexionar sobre as nosas crenzas, observalas coa perspectiva do tempo, contalas desde a visión daquelas pequenas que medraron. Contamos o pasado para construír o futuro!
 

Idade


Público infantil dende 3 ata 10 anos.

Prazas


Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *