Asesoramento ad hoc

Asesoramento ad hoc Biblioteca Neira Vilas Concello de Vigo

A Biblioteca Neira Vilas pon en marcha novos servizos: Bibliolabora, tramitación dixital e asesoramento sobre bibliotecas dixitais.

Servizo Bibliolabora

Asesoramento de aplicacións TIC e solicitudes de traballo, para aquelas persoas usuarias interesadas. O persoal capacitado da biblioteca pode axudar a persoas en procura de emprego coas solicitudes de traballo en liña, ingresar os  datos persoais e atopar o traballo correcto.

Tramitación dixital

Asesoramento para persoas usuarias sen experiencia dixital en tramitacións online; certificado de empadroamento, cita para ITV, renovación do DNI…

Asesoramento sobre bibliotecas dixitais

Fomentar o uso das novas plataformas de préstamo dixital (eFilmVigo e GaliciaLe), asesorando a todas aquelas persoas interesadas no manexo dos dispositivos móbiles e programas necesarios para a visualización dos contidos.

Previa cita, especificando o servizo