Aviso Legal

A Biblioteca Xosé Neira Vilas, a través do seu portal Web facilita información de interese á cidade de Vigo e, en especial, información e xestións propias da organización da biblioteca. A información facilitada é a vixente no momento da súa publicación.

A Biblioteca Xosé Neira Vilas desenvolverá os esforzos precisos para evitar erros e, no seu caso, reparalos ou actualizalos canto antes, non podendo garantir a súa inexistencia nin que o contido da información se atope permanentemente actualizado.

A Biblioteca Xosé Neira Vilas poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.

acceso ao Portal, así como o uso que poida facerse da información que contén, son da exclusiva responsabilidade da persoa usuaria. A Biblioteca Xosé Neira Vilas non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidesen derivarse deste acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse o estrito exercicio das súas competencias.

No Portal incluíronse enlaces a páxinas de sitios web de terceiros (“links”), a maior parte a páxinas de Internet doutras Administracións Públicas, que se consideraron de interese para as persoas usuarias. No entanto, a Biblioteca Xosé Neira Vilas non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos de enlaces de terceiros aos que se fai referencia no Portal.

Os dereitos de propiedade intelectual deste Portal de Internet, o seu deseño gráfico e os códigos que contén, son titularidade da Biblioteca Xosé Neira Vilas, a non ser que se indique unha titularidade diferente. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras, a non ser que sexa para uso persoal e privado, constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual da Biblioteca Xosé Neira Vilas ou daquel que sexa titular. Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no portal están protexidos por Lei.

As fotografías da cabeceira de portada, e outras de páxinas interiores pertencen á Biblioteca Xosé Neira Vilas.