Normas

normas_e_procedemento_bpneiravilas

Normas básicas

A BIBLIOTECA É DE TODOS/AS

As bibliotecas son espazos abertos para o encontro e a comunicación. Por iso cómpre o respecto e coidado dos libros e dos demais materiais por parte de todas as persoas usuarias. As normas de comportamento na biblioteca non permiten:

  • Fumar.
  • Facer fotografías, gravar ou rexistrar imaxes na biblioteca, por calquera medio ou recurso técnico, sen previa autorización.
  • Usar teléfonos móbiles.
  • Comer ou beber nas dependencias da biblioteca.
  • O acceso de animais (agás cans guía).
  • Calquera outra actividade ou conduta prexudicial para as persoas usuarias da biblioteca, ou dos bens que están nela.

A perda ou deterioro do material suporá repoñer o documento extraviado ou estragado, ou outro de similares características a proposta da biblioteca.