Día da Muller e a Nena na Ciencia: Encontro con Eva Candal Biblioteca Neira Vilas

Data/hora


Data(s) - 08/02/2023

Hora 19:30 - 20:30

Día da Muller e a Nena na Ciencia: Encontro con Eva Candal

O 11 de febreiro celébrase o Día da Muller e a Nena na Ciencia e na biblioteca para festexalo temos, ademais da mostra do mes, un encontro con Eva Candal.

Eva Candal é Doutora en Bioloxía e Profesora Titular da Universidade de Santiago de Compostela. Coordina o grupo de investigación de Referencia Competitiva NEURODEVO, que se centra no estudo do desenvolvemento e evolución do sistema nervioso central e nas causas de diversas enfermidades neurodexenerativas do encéfalo e da retina. Nesta liña de investigación, o grupo céntrase no estudo da reprogramación das neuronas, un paso crítico para substituír as neuronas que se perden nas enfermidades neurodexenerativas asociadas á idade.

Prazas


Aforo limitado.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *