Obradoiro: Máscaras Picasso Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

Data/hora


Data(s) - 21/08/2023

Hora 11:00 - 13:00

Obradoiro: Máscaras de Picasso

Neste ano Picasso sumámonos a esta iniciativa internacional para conmemorar a vida, a obra e a hedanza artística deste gran xenio e creador.
Dende a biblioteca realizamos unha pequeña achega ao traballo artístico deste gran artista do S. XX realizando un obradoiro de creación onde se realizaremos unha máscara con diferentes materiais de refugallo.

Idade


Público infantil dende 6 anos.

Prazas


Aforo limitado.

Inscrición


A partir das 10.30 h do 2 de agosto

A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Ubicación



Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *