Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Terrazas de Verán : Concerto Cé Orquestra Pantasma

Setembro 1, 2020 @ 19:00 - 20:00

Aproveitando o bo tempo do verán sairemos á rúa para realizar unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a literatura e a música como protagonistas. A XOGAR, CANTAR E BAILAR Novo espectáculo de Cé Orquestra pantasma, homenaxe ao que durante 10 anos acompañou as festas de toda unha xeración de nenos e nenas galegas. Grazas ao ritmo e participación característicos do home orquestra, os pequenos e pequenas chegan a converterse nos auténticos protagonistas do espectáculo. O divertimento está garantido grazas a un repertorio composto por melodías, xogos musicais e cantigas de diferente tipo:acumulativas, xestuais, imitación, creativas, danzadas… para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete… ata caír de cú!! Prazas: 15 previa inscrición. Inscrición: Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 11 de agosto. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Normas das actividades: Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes -Uso obrigatorio de máscara -Facer previa inscrición -Separación entre os grupos de 1,5m -Aforo limitado As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións metereolóxicas son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións. Actividade en colaboración co Servizo de Normalización lingüística de Concello de Vigo

Detalles