Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Os contos de: Marc e Olalla

Febreiro 19, 2021 @ 18:00 - 19:00

Marc Taeger e Olalla González voltan á biblioteca para compartir con nós unha sesión de contos diferente e moi orixinal para que o público infantil poda gozar dunha xornada lúdica na biblioteca. Os autores de Garavanciño e Un máis (Ed Kalandraka) mesturan a narración na voz de Olalla e a pintura de Marc nun diálogo no que fan partícipe ao público e no que nos van adentrando nos seus relatos. Idade A partir de 3 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 9 de febreiro Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 9 de febreiro. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asigandos, cun perímetro de seguridade de 1,5 m, salvo persoas conviventes Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan) Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Detalles