Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Día das Letras Galegas: Arredor de Xela. Raquel Queizás

Maio 19, 2021 @ 18:00 - 19:00

Nos anos 80 do século pasado, unha moza, ademáis de escoitar rock, abría novos camiños, a través da súa poesía, na nosa literatura. Xela Arias foi unha muller valente, feminista, activista e comprometida co galego dende a súa nenez. De cativa falaba galego, e quería aprender máis linguas. A súa paixón pola escrita e a lectura agromou nela dende moi pequena. Gañou con once anos un premio literario. Foi poeta, editora, traductora e mestra. ACTIVIDADE REALIZADA POLO SNL DO CONCELLO DE VIGO Idade A partir de 5 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 4 de maio A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asigandos, cun perímetro de seguridade de 1,5 m, salvo persoas conviventes Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan) Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Detalles