Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

OBRADOIRO: de Cinemakis

Xullo 19, 2021 @ 10:30 - 12:00

O obxectivodo obradoiro de teatriño de papel é ensinar aos rapaces de maneira lúdica e creativa as partes estructurais dun EMAKI clásico (teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergamiños ilusrados) e transformalo nun xoguete, co cal poidamos inculcarlles a paixón de inventar e contar historias a través da ilustración e a imaxinativa persoal de cada un. Os nenos e nenas crearán historias a partir de lecturas que teñan feito ou ben inventarán narrativas novas. Así realizaremos unha maqueta dos emakis e personaxes usando unha caixa de cartón, debuxos ou collages. Ao rematar cada participante representará a súa historia e poderán levar para casa o seu cineEmaki. Idade A partir de 7 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 6 de xullo A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asigandos, cun perímetro de seguridade de 1,5 m, salvo persoas conviventes Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan) Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións

Detalles