- Este evento pasou.
Contos Dakí: Celso Fernández Sanmartín
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o contador Celso Fernández Sanmartín. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 25 de novembro Os interesados en participar nesta actividade poden formalizar a súa inscrición a partir das 10.30 h do 2 de xaneiro. A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición. Medidas seguridade extraordinarias COVID-19 Tomaránse as medidas sanitarias precisas seguindo as normativas vixentes Uso obrigatorio da máscara en todo momento Uso obrigatorio do xel hidroalcohólico para desinfección de mans ou uso de luvas desbotables Manter a distancia de seguridade nos desprazamentos Entrada e saída graduadas, seguindo as indicacións do persoal da biblioteca Aforo limitado Asentos asigandos, cun perímetro de seguridade, salvo persoas conviventes Sinalización informativa (carteis informativos e adhesivos no chan) Rexistro dos asistentes, coa información de contacto, en caso de solicitude por parte das autoridades sanitarias Non poderán acceder ao recinto as persoas con síntomas compatibles coa COVID-19 ou ben aquelas que estivesen en contacto directo cunha persoa contaxiada As persoas que non cumpran coas normas sanitarias deberán abandonar a actividade. Se as condicións sanitarias son adversas estas actividades poden adiarse, manténdose as inscricións