- Este evento pasou.
FESTA DE PIXAMAS DE PELUCHES
Xuño 3, 2022
Convidamos ao público infantil a que deixe os seus peluches na biblioteca, para que estes celebren unha festa de pixamas durante a fin de semana. Os xoguetes gozarán da lectura, de camiñar pola biblioteca e de durmir nun espazo diferente fóra do seu fogar. A partir do seguinte luns poderán vir a recollelos e descubrirán o ben que o pasaron. Idade Público infantil.