Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Feira do Libro: Mapa Literario de Vigo, Roteiro Domingo Villar

Xullo 1, 2022 @ 11:00 - Xullo 7, 2022 @ 21:00

Horario de apertura da feira: De 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h Premios Roteiro Domingo Villar: Ver premiados A biblioteca únese a este proxecto literario, onde se atopan as diferentes personalidades do sector das letras, as novidades editoriais, actividades, etc. estando presente cunha caseta na que se amosarán os servizos e as actividades que ofrece á cidadanía. Este ano a caseta rendirá unha pequena homenaxe ao escritor vigués Domingo Villar e á súa obra, centrándose no Mapa Literario de Vigo. Ademais da caseta, a biblioteca participa na Feira do Libro con varias actividades: Entre arrolos e contiños. Contacontos para bebés Domingo, 3 de xullo ás 11.30h Migallas Teatro Homenaxe a Domingo Villar Martes, 5 de xullo ás 20.00h Lectura pública dos textos de Domingo Villar ofrecida polo grupo de voluntarios do Concello de Vigo. Contarase tamén coa presencia de Francisco Castro, da Editorial Galaxia. Quiniela: Inspector Leo Caldas Do 1 ao 7 de xullo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h Dentro da caseta da biblioteca atoparedes un xogo relacionado coa obra literaria de Domingo Villar. Participa e podes gañar diferentes premios. Premios: DEGUSTACIÓN DOS PRATOS PREFERIDOS DO INSPECTOR LEO CALDAS Comida ou cea no bar Puerto para dúas persoas Comida ou cea na taberna Elixio para dúas persoas COÑECER A ESCOLA DE ARTES E OFICIOS ONDE TRABALLABA MÓNICA ANDRADE Visita guiada á EMAO, Escola de Artes e Oficios para dúas persoas TRAXECTO QUE FACÍA MÓNICA ANDRADE NO PIRATA DE ONS Viaxe de ida e volta Vigo-Moaña-Vigo na naviera Nabia para dúas persoas Bases do concurso: Estes premios non serán conmutables por cartos. Os galardoados terán que confirmar os premios antes do 18 de xullo de forma presencial na biblioteca. Para máis información poden poñerse en contacto coa biblioteca de xeito teléfónico chamando ao 986 26 77 59 ou enviando un mail ao enderezo electronico bpneiravilas@vigo.org VISITAS Á EMAO As visitas guiadas realizaranse os martes 19 e 26 de xullo ás 11.00h Sortearanse 10 entradas dobres para cada visita. VIAXE EN BARCO Sortéase un bono do Grupo Acuña Ons para facer a viaxe de ida e volta Vigo-Moaña-Vigo. A viaxe poderá realizarse en calquera data e horario que ofreza a Naviera Nabia para este percorrido. O bono ten data límite ata 31 de decembro do 2022 DEGUSTACIÓN: BAR PUERTO Degustación valorada en 70€ O bono ten data límite ata o 14 de agosto DEGUSTACIÓN: TABERNA ELIXIO Degustación valorada en 70€ O bono ten data límite ata o 31 de agosto (agás do 24 de xullo ao 1 de agosto que permanecerá pechado) RESULTADO E DITAME Entre todos os boletos recibidos realizarase un sorteo, no que se escollerán os boletos premiados. O resultado dos premios farase público o día 8 de xullo de 2022 na Web e nas RR.SS. da Biblioteca Xosé Neira Vilas. O ditame será inapelable. IMPREVISTOS A biblioteca resérvase o dereito de anular e/ou cancelar a totalidade ou parte dos premios en caso de detectar fraude ou mal funcionamento das normas. Neste caso, resérvase o dereito a non dar un premio a calquera participante fraudulento. Unha acción fraudulenta descualifica inmediatamente á persoa que a cometeu.

Detalles

  • Comezo: Xullo 1, 2022 @ 11:00
  • Remate: Xullo 7, 2022 @ 21:00
  • Categoría do Evento: