Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A HORA DOS CONTOS: Raquel Queizás

Outubro 7, 2022 @ 18:00 - 19:00

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítannos Raquel Queizás co seu espectáculo: “ A maleta da avoa” A maleta da avoa Dende ben pequena escoitaba os contos da avoa pola mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros, nela vive a memoria. Dentro brincan trasnos, mouras, nenas espelidas, bonecas feitas con carozos de millo… Abrímola? A Maleta da Avoa é un espectáculo de contos e lendas tradicionais galegas na que se empregan obxectos e monicreques, dirixido a nenas e nenos de tres anos en adiante e as súas familias Idade A partir de 3 ano. Prazas Aforo limitado.

Detalles