Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

CONTOS DAKÍ: Vítor Fernandes e Estefânia Surreira

Outubro 28, 2022 @ 19:30 - 20:30

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítannos os contadores portugueses Vítor Fernandes e Estefânia Surreira. A historia de João soldado e outros contos tradicionais portugueses de Dois dos Montes João Soldado e outros contos é un espectáculo contado e cantado, procedente de Trás-os-Montes, onde os contos e as lendas da tradición portuguesa son os ingredientes principais pero mesturados con petiscos (burlescos) de disparate, riso e boa disposición. Unha viaxe ao fantástico, onde non faltan bruxas, diaños, deuses, almas en pena, trasgos, pantasmas e moitos outros seres da mitoloxía popular. Prazas Aforo limitado.

Detalles