- Este evento pasou.
OBRADOIRO Este Nadal regáloche unha historia
Durante as vacacións de Nadal organizamos este obradoiro interxeneracional de narración oral, reciclaxe e imaxinación no que avós/as e netos/as poden gozar dun tempo de lecer xuntos, contando historias e traballando para crear un agasallo de Nadal único e diferente a partir de obxectos en desuso. Con esta actividade queremos por en valor a importancia do consumo responsable dun xeito ameno e divertido, espertando conciencias e sensibilidades, e reflexionando sobre todo o que pode ofrecer aínda un obxecto “vello” se o pensamos dunha maneira creativa. Idade Público infantil dende 5 anos e adultos maiores de 65 Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 13 de decembro A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.