- Este evento pasou.
OBRADOIRO: Rap con Rosalía
O Rap é un xénero musical alernativo nado a comezos dos anos 80, caracterizado por ser rimado e estruturado dentro dun compás rítmico de 4X4 chamado “base” ou “instrumental”. Este estilo diferénciase pola súa complexidade na composición e por ter un alto contido lírico que inclúe xogos de palabras e recursos literarios propios da poesía coma metáforas, símiles, hipérboles e outras figuras retóricas. No taller de Rap, aprendemos a escribir e interpretar versos e coñecer as figuras literarias da nosa terra, neste caso en concreto coñeceremos máis sobre Rosalía de Castro. Actividade do SNL Idade Público xuvenil dende 10 anos Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir das 10.30 h do 13 de decembro A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.