Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A hora dos contos : Caxoto. Unha GALAXIA chea de Letras Galegas

Maio 12, 2023 @ 18:00 - 19:00

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos Caxoto co seu espectáculo: Unha GALAXIA chea de Letras Galegas. Fracisco Fernández del Riego. Neste espectáculo para toda a familia Caxoto amosa os seus coñecementos de Astronomía facendo un percorrido por algunhas das nosas estrelas literarias máis rutilantes e así falarnos das súas vidas e das súas obras. Unha viaxe sideral que partirá dende a nosa máis escintilante estrela Rosalía de Castro e pasará por outros corpos celestiaiss como Castelao, Manuel María, Xela Arias, Cunqueiro… nunha homenaxe da literatura galega a un dos seus máximos benfeitores: Francisco Fernández Del Riego. Idade Público infantil dende 3 ata 10 anos. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Detalles