- Este evento pasou.
CONTOS DAKÍ: Avelino González – Feira do libro Peonil do Calvario
Xuño 26, 2023 @ 19:30 - 20:30
Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión saíremos da biblioteca para escoitar os contos do actor Avelino González na Feira do Libro de Vigo.