Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Terrazas de verán: Encontro con Arantza Portabales

Setembro 12, 2023 @ 19:30 - 20:30

Aproveitamos as últimas tardiñas do verán para saír á rúa e realizar unha serie de actividades de dinamización cultural que terán a literatura como protagonistas. Biografía Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia. Comezou a escribir en 2013, no xénero do microrrelato. Mantén activo o blog de microficción Una nube de historias no que publica regularmente microficción. Con Deixe a súa mensaxe despois do sinal (2017) foi finalista do Premio San Clemente e do Premio Novela Europea Casino de Santiago. A novela foi traducida ao español, italiano, alemán e hebreo. En 2019 publicou a novela negra Beleza Vermella ao mesmo tempo en galego (Galaxia) e castelán (Lumen). Tamén traducida ao italiano. Tamén e autora de Historias dementes (2020), Vida secreta de Úrsula Bas (2021), e O home que matou a Antía Morgade (2023). Prazas Aforo limitado.

Detalles