- Este evento pasou.
A hora dos contos: La compañía espectacular. Os Nunkis
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos La compañía espectacular co seu espectáculo “Os Nunkis”. Os Nunkis A neta de Nicolás e o seu amigo – o músico rariño – achégannos ao mundo dos Nunkis, desvelando o secgredo tan ben gardado do avó… Os Nunkis son unhas criaturas enigmáticas, descoñecidas, invisibles para o ollo humano… encargados de coidar a memoria das persoas. Xunto co neno Nicolás terán unha importante misión que levar a cabo. Despoi do conto, no que se deixan entrever valores como a escoita, a axuda, o respecto ou o traballo en equipo; damos paso a través da música a un obradoiro creativo onde maiores e crianzas escollen entre pintura ou escritura para expresar o que levan dentro. Idade Público infantil dende 3 anos Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.