Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A hora dos contos: Xarope Tulú. Bichocas

Xaneiro 19, 2024 @ 18:00 - 19:00

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Este mes de xaneiro visítanos Atenea de Xarope Tulú e o seu espectáculo Bichocas Bichocas é un espectáculo adicado á primeira infancia onde os obxectos e a palabra nos fan viaxar a través do mundo animal. As protagonistas das nosas historias aprenderán nesta viaxe a importancia de seren diversas e a posibilidade de compartir coas demais os seus afectos. Bichocas ten como obxectivos estimular a creatividade individual e colectiva, incentivar a observación activa das crianzas, ofrecer propostas escénicas para aquelas crianzas que adquiren o galego como lingua inicial, fomentar o uso do galego e recoñecer a riqueza léxica do noso idioma. Idade Público infantil dende 3 anos Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Detalles