- Este evento pasou.
A hora dos contos : Dani Blanco: Circo na biblioteca
Novembro 15, 2024 @ 18:00 - 19:00
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos Dani Blanco. Circo na biblioteca Pensaches algunha vez que non era posible ter circo na biblio? Pensas que é imposible? Pois a compañía Dani Blanco vaiche traer o mellor circo de malabares con pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis adaptado a todo tipo de espazos, para gozar en familia do mellor circo do mundo. Idade Público infantil dende 3 anos. Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.