- Este evento pasou.
Club de lectura xuvenil
Xaneiro 25, 2025 @ 11:00 - 12:30
O club de lectura xuvenil é unha iniciativa coa que queremos achegar a biblioteca a este público e gozar do tempo libre do verán cun bo libro entre as mans. Nesta actividade realizarase o comentario de obras de distintos xéneros literarios nun ambiente distendido, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura. Idade Público infantil dende 12 anos. Prazas Aforo limitado. Inscrición A partir do 17 de decembro A inscrición pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A actividade é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.