- Este evento pasou.
Entre arrolos e contiños
Xuño 6, 2025 @ 18:00 - 19:00
Unha nova sesión de contos para bebés da man de Migallas Teatro, onde os/as máis pequenos/as da casa comparten coa familia un momento de pracer compartido, afastado do ruído e das presas cotiás. A través de contos, cancións e pequenos xogos, esta actividade busca espertar xa desde os primeiros anos o interese pola literatura e a tradición oral, creando un espazo cálido para gozar en compañía. Idade Público infantil de 1 a 3 anos Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.