- Este evento pasou.
Entre arrolos e contiños
Novembro 14, 2025 @ 18:00 - 19:00
Unha nova sesión de contos para bebés da man de Bea Campos de Migallas Teatro na que os/as máis pequenos/as da casa comparten coa familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos xogos. Idade Público infantil de 1 a 3 anos Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.