Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A hora dos contos: Marta Ortiz. Canta, Bugaina, canta

Novembro 21, 2025 @ 18:00 - 19:00

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos Marta Ortíz co seu espectáculo; Canta, Buguina, canta. Canta, Buguina, canta! Pum, pum! Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto. Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe. Brincamoscoaimaxinaciónrecreandoanimaisconobxectos,barcoseillasdepapel,unmardeteaaosondamúsicaeaspalabras. Canta,Buguina,canta é un espectáculo para primeira infancia que ten como obxectivo xogar coa palabra e a poesia, coas cancións e contos, cos xogos visuais e sonoros que serán o berce da literatura. Idade Público infantil dende 3 anos Prazas Esta actividade é sen inscrición. Entrada libre ata completar aforo.

Detalles