Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro de máscaras teatrais: Coñecendo a Castelao

Decembro 29, 2025 @ 11:00 - 13:00

Este Nadal, na biblioteca celebramos o Ano Castelao cun obradoiro moi especial: “Máscaras teatrais: coñecendo a Castelao”. Unha actividade creativa e divertida na que o público infantil mergullaranse no universo teatral a través da obra do gran autor galego. Neste obradoiro crearán as súas propias máscaras inspiradas nas personaxes de Os vellos non deben de namorarse e aprenderán a darlle vida a esas figuras, empregando a linguaxe expresiva do teatro de máscaras, cheo de emocións, movemento e maxia. Unha oportunidade única para descubrir o teatro, a expresión artística e a obra de Castelao dun xeito lúdico e participativo. Para público infantil, a partir de 6 anos Prazas Inscrición dende o 3 de decembro.

Detalles