Cargando eventos

« Todos os eventos

Día das Letras Galegas: Begoña Camaño

Maio 1 @ 09:00 - Maio 31 @ 10:30

Durante todo o mes de maio en horario da biblioteca Para celebrar o Día das Letras Galegas 2026, en homenaxe a Begoña Caamaño, a biblioteca porá en marcha ao longo de todo o mes de maio un programa especial de actividades dirixidas a públicos de todas as idades, co obxectivo de promover a lectura e poñer en valor a nosa literatura. Mostra CEIP Pombal O CEIP O Pombal presentará unha mostra dos traballos realizados polo alumnado sobre a homenaxeada. “Begoña Caamaño. A forza das palabras” Iniciativa da biblioteca para difundir a obra e lembrar a figura da Begoña Caamaño, que viviu os seus primeiros anos no noso barrio de O Calvario, reforzando así o vínculo entre literatura e comunidade. Como parte da proposta desta campaña crearase unha imaxe gráfica que servirá como identidade visual da iniciativa. Esta imaxe instalarase na propia biblioteca e tamén nunha serie de carteis que se difundirán polas entidades colaboradoras coa Bibliotecas e coas entidades escolares do entorno da biblioteca. Ademais, elaborarase un caderno de pasatempos dirixido ao público participante, que incluirá información sobre a vida e a obra de Begoña Caamaño e que se repartirá dentro das instalacións da biblioteca. Entre as persoas que completen o caderno realizarase o sorteo de libros da autora, así como outros premios relacionados coa campaña, como marcapáxinas e chapas dedicadas á escritora, que tamén se repartirán nas dependencias da biblioteca. A biblioteca tamén se sumará á celebración coa ambientación do espazo bibliotecario, que contará con libros da autora en gran formato como elemento decorativo e divulgativo e un tótem de metacrilato , reforzando a presenza da súa obra e convidando á lectura.

Detalles